A Axencia Galega de Innovación (GAIN) organiza unha Xornada de dinamización de proxectos de I+D e de innovación

2013-04-19
  • A Xornada ten como obxectivo apoiar ás empresas galegas a conseguir financiamento para os seus proxectos e iniciativas de I+D e de innovación

A Axencia Galega de Innovación organiza xunto co Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) unha Xornada de dinamización de proxectos de I+D e de innovación os próximos días 23 en Santiago de Compostela.

O día 23 de abril, de 10:00h a 12:00h terá lugar a presentación das liñas de financiamento para a innovación no marco do CDTI, na que participarán Manuel Varela Rey, Director da Axencia Galega de Innovación, e Nabil Khayyat Khury, Xefe de División de Promoción e Coordinación do CDTI.

A continuación, durante os días 23 e 24 de abril, desenvolveranse as reunións bilaterais entre os técnicos de CDTI e as empresas interesadas, que terán a oportunidade de expoñer as súas ideas de proxecto e recibir o asesoramento correspondente.

Día 23 de abril

10:00h – 12:00h Presentación das liñas de financiamento para proxectos de I+D e innovación no marco de CDTI
Nabil Khayyat Khury, Xefe de División de Promoción e Coordinación
Manuel Varela Rey, Director da Axencia Galega de Innovación

12:00h – 15:00h Reunións bilaterais CDTI – empresas

16:30h – 19:30h Reunións bilaterais CDTI – empresas

Día 24 de abril

09:30h – 20:00h Reunións bilaterais CDTI – empresas

É precisa a inscrición no correo electrónico difusion.gain@xunta.es, sinalando as persoas que asistirán e o seu cargo. No caso de estar interesado en manter unha reunión bilateral con técnicos de CDTI, deberá indicalo e remitir cumprimentada a Ficha de Información da Idea de Proxecto ó correo difusion.gain@xunta.es antes do día 19 de abril. Informaráselle sobre o día e hora da reunión bilateral.

A través destas xornadas, a Axencia Galega de Innovación busca incrementar o aproveitamento dos diversos fondos dispoñibles por parte das empresas galegas, aumentando o impacto do potencial innovador existente en Galicia e a capacidade dos axentes galegos para articular proxectos competitivos.

Aquí mesmo pode descargar tanto o programa das xornadas como a ficha de ideas de proxecto