A Axencia Galega de Innovación (GAIN) organiza 3 Talleres sobre Innterconecta Galicia II en colaboración con CDTI

2013-03-08
  • Dotada cun orzamento de 75 millóns de euros para o período 2013-2014, a segunda convocatoria de FEDER-Innterconecta Galicia mobilizará 150 millóns de euros entre fondos públicos e privados, sendo unha gran oportunidade para reforzar o tecido empresarial de Galicia e impulsar o crecemento. Dita convocatoria podería beneficiar a 75 proxectos innovadores de entre 250 e 300 empresas.

A Axencia Galega de Innovación organiza xunto co Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) talleres sobre a segunda convocatoria de Innterconecta Galicia os próximos días 12, 13 e 14 en Vigo, Ourense e Lugo, co seguinte programa:

11:00 – 11:10 Apertura do Acto
11:10 – 11:30 Presentación do Programa FEDER-Innterconecta Galicia II
11:30 – 15:00 Reunións bilaterais con técnicos do CDTI

Os Talleres terán un carácter eminentemente práctico. Tras unha breve exposición das condicións xerais da convocatoria 2013, os asistentes que así o soliciten celebrarán reunións bilaterais cun técnico do CDTI para expoñer a súa idea de proxecto e recibir o asesoramento correspondente.

É precisa a inscrición no correo electrónico difusion.gain@xunta.es, indicando as persoas que asistirán e o seu cargo, o lugar de celebración do Taller ó cal se inscriben, así como se está interesado en manter unha reunión bilateral cos técnicos de CDTI. Neste caso, deberá remitir cumprimentada a Ficha de Información da Idea de Proxecto antes do día 11 de marzo ó mencionado correo (difusion.gain@xunta.es).

12 de marzo, Vigo, 11 :00h

Técnicos CDTI:
Pilar Sanz, Dpto. de Saúde, Bioeconomía, Clima e Recursos Naturais
Raúl García, Dpto. de Enerxía, Transporte, Fabricación e Sociedade Dixital

Lugar: Auditorio do Consorcio da Zona Franca de Vigo
Área Portuaria de Vigo s/n, 36208 Vigo

Colaboran: Consorcio Zona Franca de Vigo, INEO, Ametic
www.ineo.org

13 de marzo, Ourense, 11:00h

Técnicos CDTI:
Carlos Franco, Dpto. de Saúde, Bioeconomía, Clima e Recursos Naturais
Luis Maeso, Dpto. de Enerxía, Transporte, Fabricación e Sociedade Dixital

Lugar: Tecnopole (Parque Tecnolóxico de Galicia)
San Cibrao das Viñas, 32900 Ourense

Colabora: Tecnopole
www.tecnopole.es

14 de marzo, Lugo, 11:00h

Técnicos de CDTI:
Eduardo Cotillas, Dpto. de Saúde, Bioeconomía, Clima e Recursos Naturais
Antonio Gómez, Dpto. de Enerxía, Transporte, Fabricación e Sociedade Dixital

Lugar: Centro de Formación – Escola de Empresarios
Rúa Manuel Murguía 6, 27003 Lugo

Colaboran: FEUGA, Confederación de Empresarios de Lugo
www.feuga.es