A Xunta convida ás entidades europeas de seguridade aérea a cooperar para acelerar o desenvolvemento tecnolóxico e regulamentario das operacións con vehículos aéreos non tripulados
2023-05-30
O próximo martes 11 de setembro, celebrarase unha xornada informativa sobre as próximas convocatorias de financiamento do VII Programa Marco da Comisión Europea relacionadas coas TIC e a investigación en PEMES. Este Infoday, que será gratuíto, está organizado por Gradiant, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, o CDTI e INEO.
A Xornada terá lugar no edificio CITEXVI, situado no Campus Universitario de Vigo
Nela, varios representantes do CDTI realizarán diferentes presentacións sobre as próximas oportunidades de financiamento do programa de Cooperación TIC, en particular os retos 1 “Infraestruturas de Rede e Servizo ubicuas e confiables” e 5 “TIC para saúde, envellecemento activo, inclusión e gobernanza” do Programa de Traballo publicado pola Comisión Europea para o 2013.
Igualmente, prestaráselle atención á próxima e última convocatoria do programa Capacidades dedicada á Investigación para PEMES, e analizarase o futuro marco de axudas de I+D+i a PEMES que rexerá no período 2014-2020.
Para acceder á axenda completa da xornada:
http://www.gradiant.org/images/stories/seminarios/120109_liftgate/Agenda_Infoday_20120911.pdf
Para realizar a inscrición:
http://www.gradiant.org/es/actualidad/noticias/654-gradiant-organiza-una-jornada-informativa-el-proximo-11-de-sepriembre-sobre-las-proximas-convocatorias-de-programa-marco.html