A Xunta convida ás entidades europeas de seguridade aérea a cooperar para acelerar o desenvolvemento tecnolóxico e regulamentario das operacións con vehículos aéreos non tripulados
2023-05-30
Ferrol, 25 de novembro de 2022 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Ferrol na presentación do centro de investigación UDC – Navantia, apoiado pola Xunta de Galicia, que comeza a súa andadura cun investimento de 3,7 millóns de euros e o obxectivo de avanzar na transformación dixital do sector cara ao estaleiro 5.0.
Conde explicou que este marco de colaboración estable xurdiu xa en 2015 coa Unidade Mixta sobre o Estaleiro 4.0, un traballo que tamén contou co apoio do Goberno galego e que proseguirá con este novo centro poñendo o foco no desafío técnico e industrial que supoñen as fragatas F-110, na transformación dixital do estaleiro, no desenvolvemento do xemelgo dixital, na integración das TIC aos postos de traballo ou na posta en marcha dunha planta de desenvolvemento de todas estas tecnoloxías.
O vicepresidente económico destacou que esta colaboración entre a UDC e Navantia supón unha transferencia de coñecemento e de talento á industria e reivindicou a importancia do Campus de Ferrol, como Campus Industrial, a través da implantación de novas instalacións ou como futura sede do Centro de Investigación en Industria Intelixente. Con esta iniciativa séguese xerando un ecosistema científico -tecnolóxico e académico vinculado co naval, unha peza fundamental para impulsar a dixitalización e a innovación no sector e que supón unha credencial para optar ao Perte do naval e aproveitar as oportunidades.
Este centro de investigación é un dos tres que a Xunta de Galicia apoiará xunto cos de Magna-CTAG e o de Cetaqua-Viaqua.