Conde acompaña ao embaixador británico en España na súa visita ao Polo Aeroespacial de Galicia

2021-09-27

Castro de Rei (Lugo), 27 de setembro de 2021.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, acompañou esta tarde ao embaixador do Reino Unido en España, Hugh Elliot, durante a súa visita ao Polo Aeroespacial de Galicia.

Durante o encontro, ambos percorreron as instalacións do aeródromo de Rozas entre as que se atopan as da multinacional británica Babcock –un dos tres socios estratéxicos do Polo xunto con Indra e Boeing–, que está a traballar nunha vintena de solucións, como a plataforma Lua, orientada a tarefas como a loita contra incendios, vixilancia, control de costas ou atención sanitaria no Camiño de Santiago. Cabe destacar que Babcock elixiu Rozas para implantar o seu único centro vinculado á actividade dos vehículos aéreos non tripulados, o IRCASS, desenvolto no marco do Polo Aeroespacial de Galicia.