Conde destaca a aposta de Boeing por consolidar o CIAR de Rozas como un referente no eido dos avións non tripulados

2020-06-25

Castro de Rei (Lugo), 25 de xuño de 2020.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe na posta en marcha do laboratorio de proba de voos impulsado por Boeing no Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) a contribución da multinacional para consolidar este centro como un referente no ámbito dos avións non tripulados, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia.

Esta infraestrutura enmárcase no proxecto Galician Skyway, centrado na busca de solucións tecnolóxicas para a seguridade do tráfico aéreo no tripulado en espazos compartidos con aeronaves tradicionais.