O Pleno da Muller e Ciencia acorda conceder o Premio Wonenburguer 2018 á microbióloga pontevedresa Alicia Estévez Toranzo

2018-10-01
  • Dirixe o grupo de Patoloxía en Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela, un de los principais grupos de referencia competitiva de Galicia
  • Ten unha decena de patentes de vacinas que prevé enfermidades en pescados de consumo habitual, fundamentalmente rodaballo e troita

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2018.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella presidiu hoxe o Pleno da Unidade da Muller e Ciencia, onde se acordou conceder o premio Wonenburguer 2018 á microbióloga pontevedresa, Alicia Estévez Toranzo.

Alicia Estévez está licenciada en Bioloxía e Farmacia e dende o ano 1991 é catedrática de Microbioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doctorou en Bioloxía no ano 1980.Levou a cabo a actividade postdoctorial nas universidades norteamericanas de Maryland e Oregon.

As súas principais liñas de investigación centránse na patoloxía bacteriana en Acuicultura. Concretamente na caracterización fenotípica, antixénica e molecular de patóxenos de peces; o desenvolvemento de métodos de diagnóstico de patóxenos; la epizootioloxía; e a quimioterapia e vacunación en Acuicultura.

Dirixe, xunto a Juan Luis Barja, o grupo de Patoloxía en Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela, un de los principais grupos de referencia competitiva de Galicia, no que están traballando unha trintena de investigadores. Ten publicado máis de 200 artigos en revistas científicas e case una trintena de capítulos de libros. Foi Premio Fin de Carreira doMinisterio de Educación y Ciencia e Premio Nacional de Investigación “Jaime Ferrán” da Sociedad Española de Microbiología.

Forma parte do Comité de Expertos de diferentes Comisiones para a elaboración de Plans Nacionais de Investigación, e para a avaliación de proxectos; do Comité editorial de sete revistas científicas do campo de la Microbioloxía e aa Acuicultura; Real Academia Galega de Ciencias (2014); Real Academia Galega de Farmacia (2017).

Nas anteriores edicións foron sucesivamente distinguidas co premio Wonenburger Inmaculada Paz Andrade, Teresa Miras Portugal, María Soledad Soengas, Carmen Navarro e Ofelia Rey, Tarsy Carballas, María José Alonso, Carmen García Mateo, Isabel Aguirre de Úrcola, Peregrina Quintela e Begoña Vila Costa.

A Unidade de Muller e Ciencia creouse co obxectivo de incrementar a presenza da muller nos ámbitos científico e tecnolóxico de Galicia e de situar nun primeiro plano a perspectiva de xénero na actividade científica. Entre outras iniciativas, instaurou o premio María Josefa Wonenburger para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, baixo un nome que pretende ser unha homenaxe á figura da matemática coruñesa.