Novas

A Xunta expón a súa experiencia en compra pública de innovación a empresas do sector TIC de toda España

06/10/2022

  • A xornada online, organizada por Ametic, presentou o caso galego como exemplo de boas prácticas en Compra Pública de Innovación
  • A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, explicou as vantaxes deste instrumento no que o Goberno galego ten ampla experiencia e destacou, entre os proxectos máis relevantes, o Polo Aeroespacial de Galicia

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2022.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, destacou esta mañá nun webinario con empresas do sector TIC asociadas en Ametic (Asociación de empresas da industria tecnolóxica dixital) que a Compra Pública de Innovación (CPI) é o mellor instrumento de apoio á I+D+i do que dispoñen as Administracións Públicas e o máis acaído aos intereses das ...

A cuarta edición da Business Factory Aero da Xunta de Galicia arranca coa participación de 11 proxectos empresariais

04/10/2022

  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, mantivo un encontro en Lugo con representantes das iniciativas participantes nesta aceleradora, na que por vez primeira haberá tres itinerarios: incubación (tres proxectos), aceleración (cinco) e consolidación (tres)
  • Corresponden a oito iniciativas desenvolvidas en Galicia e tres de Cataluña, Navarra e Uruguai
  • Os proxectos empresariais desta convocatoria do programa de incubación, aceleración e consolidación do Polo Aeroespacial de Galicia supoñen na actualidade 57 empregos

Lugo, 4 de outubro de 2022 A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe na Fundación CEL no evento de ingreso dos proxectos seleccionados na Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración ...

A Xunta pon en valor o traballo de Gradiant para achegar ao tecido produtivo solucións tecnolóxicas innovadoras

03/10/2022

  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou en Vigo na apertura da “Demoweek” que presentará ata o venres os desenvolvementos do centro tecnolóxico en ámbitos como a conectividade e 5G, a intelixencia artificial, a ciberseguridade, os drons e a industria intelixente

Vigo, 3 de outubro de 2022.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, destacou esta mañá no marco da apertura da Demoweek de Gradiant a importancia deste tipo de xornadas de portas abertas para avanzar na transferencia de coñecemento ao tecido empresarial e, polo tanto, impulsar a súa competitividade, contribuíndo así a unha Galicia máis innovadora, dixital e sustentable.

Argerey apuntou que a través desta serie de xornadas nas que o centro tecnolóxico achega …

A Xunta mantén aberto ata o 31 de outubro o prazo dos préstamos IFI Innova para apoiar iniciativas empresariais innovadoras

02/10/2022

  • Esta liña, a tipos de interese reducidos, está dirixida a pemes que precisen financiamento para desenvolver un proxecto de I+D+i
  • Dotados con 2,5 millóns de euros nesta edición e cofinanciados con fondos Feder, estes préstamos prevén mobilizar 4 millóns de euros

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2022.- A Xunta de Galicia, a través do Igape e da Axencia Galega de Innovación (Gain), mantén aberto ata o vindeiro 31 de outubro o prazo para solicitar os préstamos IFI Innova dirixidos a pemes que precisen financiamento para desenvolver un proxecto de I+D+i que mellore a posición competitiva da empresa.

Dotados cun orzamento para este ano de 2,5 millóns de euros e cofinanciados pola Unión Europea a través do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, prevén mobilizar ...

A Xunta apoia o programa de estímulo do talento matemático Estalmat Galicia 2022 da Universidade de Santiago de Compostela

01/10/2022

  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participaron no acto inaugural desta iniciativa
  • Un total de 30 mozos e mozas de toda Galicia comezan esta fin de semana as actividades da iniciativa, que busca potenciar e descubrir novos talentos

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2022 A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participaron hoxe no acto inaugural do programa de Estímulo do Talento Matemático Estalmat Galicia 2022, celebrado na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Argerey felicitou aos participantes e ás súas familias por ter sido …

Dez profesionais da transferencia de coñecemento fórmanse en Oxford co apoio da Xunta

30/09/2022

  • Estas estadías enmárcanse no programa Ignicia, unha iniciativa da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en colaboración coa Fundación Barrié
  • Este programa serve de nexo entre o gran potencial da ciencia excelente que se realiza en Galicia e o mundo empresarial, para converter a investigación en solucións de mercado útiles para a sociedade
  • As persoas participantes reciben formación especializada e sesións de mentoría individualizada en Oxentia, organismo que naceu como división de Oxford University Innovation, a entidade de transferencia de tecnoloxía da Universidade de Oxford

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2022.- A Xunta de Galicia organiza unha acción formativa que leva ao Reino Unido a dez profesionais da xestión da …

Airbus, Babcock e Telespazio, novos socios estratéxicos e tecnolóxicos no Polo Aeroespacial de Galicia que suporá un investimento público-privado de 283M€ e a creación de máis de 400 empregos ata 2026

29/09/2022

  • O presidente da Xunta destaca a alianza con “tres compañías de recoñecida traxectoria internacional” nunha área estratéxica para Galicia
  • Explicou que suporá o desenvolvemento de máis de 40 proxectos de I+D no eido dos sistemas non tripulados con 49,8 millóns de euros achegados pola Xunta e 233 polo tecido empresarial
  • Airbus, referente do sector aeroespacial en Europa, e Telespazio, integrada en Leonardo & Thales Group, lider en solucións de alta tecnoloxía aplicadas a defensa, aeronáutica, seguridade, transporte e espazo, chegan a Galicia como socios tecnolóxicos da Xunta atraídos por un ecosistema xa consolidado Babcock, que desenvolveu un programa conxunto de I+D coa Xunta no período 2015-2020 e que dispón de instalacións dedicadas á I+D no eido dos UAVs no Par …

A Xunta salienta que as demostracións de voo do proxecto europeo AMU-LED avalan o posicionamiento de Galicia na vangarda da mobilidade aérea intelixente

28/09/2022

  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá na presentación destas probas que contribúen a evolucionar a regulación en materia de tráfico aéreo, cando conviven aeronaves convencionais e vehículos non tripulados
  • Nesta área de actuación tamén se está a traballar no Polo Aeroespacial de Galicia
  • O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) é o encargado de deseñar, liderar e coordinar as demostracións, ademais de dar soporte no despregue
  • Realizaranse máis de 30 operacións e voos, tanto reais como simulados, de inspección, de fotografía aérea, de vixilancia, de transporte de mercadorías, de servizo de aerotaxi e misións de servizo público ou de telecomunicacións

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2022.- Santiago de Co …

O Centro Mixto de Investigación Magna-Ctag permitirá avanzar no desenvolvemento de armaduras de asento de nova xeración para a automoción

27/09/2022

  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá no Porriño nun encontro de lanzamento deste centro mixto de investigación, un dos tres primeiros creados, que mobilizará 3,9 millóns de euros ata 2025
  • Esta nova estrutura dá continuidade ás Unidades Mixtas de Investigación nas que a Xunta de Galicia, a empresa e o centro tecnolóxico teñen investido case 8,2 millóns de euros desde 2015 para avanzar nestas liñas de investigación
  • A Administración autonómica apoiou ata a data 55 Unidades Mixtas de Investigación desenvolvidas en Galicia, coa participación de 39 empresas, na súa maioría grandes compañías, e 14 centros de coñecemento, e un investimento mobilizado de case 155 millóns de euros

O Porriño (Pontevedra), 27 de setembro d …

A Xunta agarda o apoio do Goberno para que Galicia forme parte do Perte Aeroespacial

23/09/2022

  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañou esta mañá ao comisionado para o Perte Aeroespacial, Miguel Belló, na súa visita ao Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR)
  • No encontro tamén participaron as empresas que optan a ser novos socios estratéxicos da Xunta no Polo Aeroespacial de Galicia, así como con pemes e outros axentes do ecosistema galego
  • Galicia leva anos facendo unha decidida aposta por xerar coñecemento e pegada industrial arredor deste sector de alto valor engadido

Castro de Rei (Lugo), 23 de setembro de 2022.- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, solicitou o apoio do comisionado para o Perte Aeroespacial, Miguel Belló, para qu …

2 3 4 5 145