29
Mai

Convocatorias Horizonte Europa para proxectos de I+D+i en seguridade

Cidade das TIC (A Coruña)

Engadir ao calendario

Título: Convocatorias Horizonte Europa para proxectos de I+D+i en seguridade
Lugar: Cidade das TIC (Avenida de Pedralonga, A Coruña)
Data: 29/05/2024
Hora: 10.00 h

O vindeiro 29 de maio, na Cidade das TIC (Avenida de Pedralonga, A Coruña), a Axencia Galega de Innovación e o centro tecnolóxico GRADIANT organizan unha xornada de presentación das convocatorias en materia de seguridade encadradas no Cluster 3 do Programa Horizonte Europa (HE).

Estas convocatorias financiarán unha ampla variedade de actividades, que inclúen o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas (xestión e tratamento de datos, ciberseguridade, robótica, infraestruturas dixitais, IoT, etc), loxísticas, enerxéticas (mobilidade, eficiencia) ou baseadas en drons, así como a posta en marcha de novas prácticas de comunicación, o deseño de materiais e infraestruturas (industriais e urbanas) ou o tratamento de residuos especiais. A aplicación destes desenvolvementos debe centrarse na seguridade civil, a resposta a desastres naturais, a mellora da convivencia social ou a loita contra o terrorismo e outras ameazas.

A xornada terá lugar en formato unicamente presencial e contará coa participación de Marina Martínez García, Punto Nacional de Contacto do CDTI para o Cluster 3 de HE, que ademais de presentar o programa manterá reunións bilaterias coas entidades interesadas.

Podes inscribirte e consultar o programa nesta ligazón.