7
Feb

Xornada Ignicia Proba de Concepto. Presentación da spin-off Sense Aeronautics como caso de éxito e lanzamento dos proxectos Ignicia 2023

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario
  • Título: Xornada Ignicia Proba de Concepto. Presentación da spin-off Sense Aeronautics como caso de éxito e lanzamento dos proxectos Ignicia 2023
  • Data: 07/02/2023
  • Hora: 10:30h
  • Formato: presencial
  • Lugar: Axencia Galega de Innovación. Airas Nunes, s/n – Conxo, 15702 – Santiago de Compostela.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración coa Fundación Barrié, realiza o próximo 7 de febreiro unha xornada sobre o Programa IGNICIA Proba de Concepto para presentar a spin-off de Gradiant, Sense Aeronautics, como un dos casos de éxito do Programa. Ademais, tamén se darán a coñecer os nove proxectos seleccionados na convocatoria 2023 e contarase coa intervención de Xesgalicia para falar da captación de investimento en proxectos tecnolóxicos. Por último, propiciarase un espazo de networking para o contacto entre entidades.

Poden atopar información máis detallada no programa achegado.

Para cualquera pregunta, pode poñerse en contacto connosco a través do correo electrónico servizos.gain@xunta.gal ou nos teléfonos 981 541 076 / 981 541 079.