9
Xuñ

Xornadas learning by doing “Fomento das Vocacións Tecnolóxicas e a Innovación no Sector Naval”

CIS Ferrol

Engadir ao calendario

Título: Xornadas learning by doing “Fomento das Vocacións Tecnolóxicas e a Innovación no Sector Naval”
Data: venres 9 de xuño de 2023
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño (A Cabana, s/n – 15590 Ferrol, A Coruña)
Horario: de 11:00 a 14:00 h

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN), a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, a Asociación Clúster Naval Galego (ACLUNAGA) e o Centro de Apoio Tecnológico à Indústria Metalomecânica (CATIM), organiza a segunda xornada learning by doing, no marco do proxecto europeo Navegando o Futuro, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través do programa POCTEP 2014 – 2020.

Nesta sesión, estudantes de formación profesional recibirán formación teórico-práctica sobre os demostradores desenvolvidos no proxecto “Manufactur 4.0” para achegarse ás tecnoloxías 4.0 aplicadas ao sector naval. En concreto, coñecerán o uso e aplicación de Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais (TFE), tales como realidade virtual e aumentada, control dimensional sen contacto e fábrica virtual.

A xornada celebrarase o día 9 de xuño, baixo a modalidade presencial. Pode consultar aquí toda a información do programa.

Esta acción divulgativa forma parte das iniciativas do proxecto Navegando o Futuro, cuxo obxectivo é consolidar a transición tecnolóxica e promover a innovación no sector naval da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a través da atracción de novos talentos e centros de investigación, así como da capacitación de mandos intermedios para a adquisición de tecnoloxías avanzadas que contribúan a transformar o tecido empresarial naval.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 012.