Xornada informativa de CPI
29 de Marzo
Título: Presentación do mapa conxunto de apoios á I+D+i 2023 na CEO
Data: 8 de febreiro de 2023
Lugar: Salón de Actos da CEO. Praza das Damas,1 – Ourense
Hora: 10:00h
A Xunta de Galicia en colaboración coa Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), celebran o próximo 8 de febreiro unha xornada informativa para dar a coñecer os instrumentos dispoñibles para apoiar a innovación dende as distintas Consellerías da Xunta de Galicia a través do primeiro Mapa conxunto de apoio á I+D+i 2023 en Galicia.
A xornada está aberta a tódolos axentes do ecosistema innovador, pero é de especial interese para pemes con centro de traballo en Galicia, que realicen actividades de innovación ou queiran innovar, xa que detallaremos as axudas para autónomos, pequenas e medianas empresas, e teremos casos de éxito de empresas que foron capaces de mellorar a súa competitividade a través destes incentivos públicos.
Programa provisional (pdf)
Para asistir á xornada débese cubrir o formulario de inscrición nesta ligazón.