22
Feb

Presentación do mapa conxunto de apoios da Xunta de Galicia á investigación e á innovación 2023 na CEL

CEL

Engadir ao calendario

Título: Presentación do mapa conxunto de apoios á I+D+i 2023 na CEL
Data: 22 de febreiro de 2023
Lugar: Confederación de Empresarios de Lugo (Praza de Santo Domingo, 6, Planta 2ª)
Hora: 10:00h

A Xunta de Galici,a en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), celebran o próximo 22 de febreiro unha xornada informativa para dar a coñecer os instrumentos de apoio á innovación das distintas Consellerías da Xunta de Galicia a través do primeiro Mapa conxunto de apoio da Xunta de Galicia á I+D+i 2023.

A xornada está aberta a tódolos axentes do ecosistema innovador, pero é de especial interese para pemes que realicen actividades de innovación ou queiran innovar. Detallaremos as axudas para autónomos e pequenas e medianas empresas, e teremos casos de éxito de empresas que foron capaces de mellorar a súa competitividade a través destes incentivos da Xunta de Galicia.

Programa (pdf)

Para asistir á xornada débese cubrir o formulario de inscrición nesta ligazón.