7
Out

Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Consolidator Grants 2023

On line

Engadir ao calendario

Título: Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Consolidator Grants 2023
Data: 7 de outubro de 2022
Hora: de 10:00 h a 13:00 h
Prazo de inscrición: ata o 6 de outubro ás 13:00 h

A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).

Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web Programa Oportunius – Axencia Galega de Innovación. Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.

O 7 de outubro celebrarase un taller online de preparación de propostas centrado na convocatoria Consolidator Grant 2023. No taller participará Martín Fañanás-Mastral, investigador do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares – CiQUS da Universidade de Santiago de Compostela, gañador dunha Consolidator Grant 2019 ; así como Graciela Garrido e María Gómez-Reino, de ECONET, empresa con longa experiencia na preparación e asesoramento de candidaturas ao ERC.

Para calquer consulta pódese contactar no teléfono 981 337 115 ou no enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal