OpenDesk B2B. Conectando empresas con matemática industrial
20 de Setembro
Título: Xornada Informativa Programa de Apoio ás pequenas empresas que superaron os limiares e non foron financiados na convocatoria NEOTEC 2021
Data: 09/08/2022
Lugar: online https://falemos.xunta.gal/IN870AAPOYONEOTEC2021
Hora: 9:30h
A Axencia Galega de Innovación (Gain) recentemente aprobou a convocatoria de 2022 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiares mínimos establecidos na Resolución do 7 de maio de 2021 da Presidencia do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial E.P.E. (CDTI), pola que se aproba a convocatoria para o ano 2021 do procedemento de concesión de axudas destinadas a novos proxectos empresariais de empresas innovadoras (Programa NEOTEC).
O obxectivo desta xornada é presentar a nova convocatoria e explicar o procedemento de solicitude.
Os beneficiarios son aquelas pequenas empresas que se presentaron á convocatoria NEOTEC 2021 e non foron financiados por esgotamento de crédito no CDTI. A través da convocatoria da Gain poderán acceder ao mesmo financiamento solicitado ante dito organismo.
Inscríbete enviando un correo electrónico a servizos.gain@xunta.gal