26
Out

Presentación do programa de impulso á innovación nas pemes

La Ferretería Eventos & Co

Engadir ao calendario

Título: Presentación do programa de impulso á innovación nas pemes
Data: 26 de outubro de 2021
Lugar: La Ferretería Eventos & Co (https://goo.gl/maps/HCsh7ttgJWRorQdZ8)
Hora: 12:00h

O obxectivo deste evento é dar a coñecer o programa xeral para o fomento e dinamización da innovación nas pemes galegas como axentes clave para a Xunta de Galicia do futuro do tecido económico de Galicia e as actuacións comarcais: colaboración coa CEL e lanzamento da Xira de innovación – Camiño da Innovación- que comezará o 5 de novembro en Vilalba e se desenvolverá ata o 9 decembro arredor de 18 concellos galegos.

O obxectivo fundamental é converter a innovación nunha peza clave da competitividade e crecemento económico das pemes, pero tamén concienciar da súa importancia e relevancia, axudando a identificar eses aspectos diferenciais que converten un servizo, produto ou proceso, parcial ou totalmente novo, en algo innovador.

A xornada, que se emitirá en streaming, admite a asistencia presencial, mais as prazas son limitadas polo que se cubrirán por rigurosa orde de inscrición que pode tramitarse nesta ligazón.

Programa dispoñible nesta ligazón.