14
Out

A participación da cidadanía no deseño e monitorización de políticas de I+D+i

On line

Engadir ao calendario

Título: A participación da cidadanía no deseño e monitorización de políticas de I+D+i
Día: 14/10/2021
Hora: 11:00
Idioma: Inglés
Lugar: online

No marco das Estratexias de Especialización Intelixente (RIS) que guían a política rexional de innovación en Europa, o proceso de descubrimento emprendedor implica a intervención dos axentes da denominada cuádruple hélice (administración, organismos de investigación, empresas e cidadanía) no co-deseño de ditas estratexias. Neste contexto, a xornada pretende explorar os marcos existentes para a participación da cidadanía nas políticas de I+D+i, as potencialidades e os retos que presentan, cunha especial atención ao proceso de elaboración das estratexias de especialización intelixente 2021-2027.