24
Set

Visita Virtual ao CIS Tecnoloxía e Deseño. G-NIGHT, Noite Galega das Personas Investigadoras

On line

Engadir ao calendario

Título: Visita Virtual ao CIS Tecnoloxía e Deseño. G-NIGHT, Noite Galega das Persoas Investigadoras
Data: 24 de setembro de 2021
Horario:

  • 1ª sesión: 10:00 – 10:45h.
  • 2ª sesión: 12:00-12:45h

O CIS Tecnoloxía e Deseño é un organismo público pertencente á Axencia Galega de Innovación da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación. O centro está á vangarda das tecnoloxías máis innovadoras en diversos campos como a realidade virtual e aumentada. A través desta visita, os participantes terán a oportunidade de coñecer os proxectos, así como as tecnoloxías e equipamento cos que se veñen desenvolvendo as aplicacións.

Esta visita forma parte das actividades de divulgación científica que se levarán a cabo en 7 cidades galegas no marco do proxecto G-NIGHT- Noite Galega das Persoas Investigadoras.