25
Mai

Foro Anual de discusión online da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal

On line

Engadir ao calendario

Título: Foro Anual de discusión online da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal
Data: 25 de maio de 2021
Modalidade: en liña

O Foro, que recibe do apoio do Proxecto IMPACT, contará coa presenza do presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte – CCDR-N, António M. Cunha, da ministra de Cohesión Territorial do Goberno de Portugal, Ana Abrunhosa; da directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey Vilar, e da presidenta da Agência Nacional de Inovação, Joana Mendonça.

Neste evento abordaranse temas como o equilibrio e as perspectivas de futuro da Estratexia de Especialización Intelixente transfronteiriza, as súas áreas estratéxicas de cooperación ou o seguimento e avaliación do ecosistema de innovación na Eurorrexión, entre outros.

A Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal, a primeira RIS3 transfronteiriza a nivel europeo, define un marco de cooperación estratéxico que, no eido das políticas de innovación, mobiliza novas iniciativas para incrementar a captación de fondos europeos.