10
Dec

Xornada online sobre a estratexia Digital Europe

On line

Engadir ao calendario

Título: Xornada online sobre a estratexia “Digital Europe”
Data: 10/12/2020
Hora: 10.30 – 12.00 h.

A xornada está dirixida aos Hubs de Innovación Dixital, organismos de investigación e centros tecnolóxicos, clústeres, empresas innovadoras, administracións públicas e cidadanía en xeral, tanto de Galicia como do Norte de Portugal.

Cun orzamento proposto de 8,2 mil millóns de euros para o periodo 2021-2027, este programa persegue reforzar os investimentos en áreas tecnolóxicas como a supercomputación, a Intelixencia Artificial (AI), a ciberseguridade, as competencias dixitais avanzadas, así como asegurar un amplo uso destas tecnoloxías pola economía e a sociedade en liña cos obxectivos e valores de sustentabilidade en Europa.

Será impartida por representantes da Comisión Europea como Gabriel Rissola e Anne-Marie Sassen, en formato virtual e desenvolverase integramente en inglés.

Podes inscribirte no seguinte enlace.