23
Nov

Curso online “Construíndo Relacións Universidade-Empresa”

On line

Engadir ao calendario

Título: Curso online “Construíndo Relacións Universidade-Empresa”
Data: do 23 ao 27 de novembro de 2020
Prazo de inscrición: ata o 18 de novembro ás 20:00 h

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza unha nova edición do curso “Construíndo Relacións Universidade-Empresa” no marco do Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia.

Esta certificación emitida por ATTP [Alliance of Technology Transfer Professionals] é o estándar internacional para acreditar a competencia e experiencia daqueles profesionais que desenvolven a súa carreira no ámbito da transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Para facilitar a súa obtención por parte de xestores de transferencia do Sistema Galego de Innovación, organizaranse accións formativas e proporcionarase mentorización para a preparación do dossier acreditativo esixido pola entidade acreditadora.

O programa de Capacitación para Xestores de Transferencia forma parte das iniciativas desenvolvidas polo Programa Ignicia de Transferencia de Coñecemento, iniciativa que integra diversas actuacións de fortalecemento das capacidades do Sistema de Innovación para mellorar a abordaxe de procesos de identificación, valorización e comercialización dos resultados da I+D.

O curso “Construíndo Relacións Universidade-Empresa”, celebrarase dende o día 23 ata o día 27 de novembro de 2020, de 10:00 h a 13:00 h, baixo a modalidade de formación online debido á situación actual provocada polo Covid-19. Pode consultar toda a información do programa premendo aquí. Para inscribirse, cubra o formulario na seguinte ligazón. O prazo de inscrición remata o día 18 de novembro ás 20:00 h.

Estanse a programar as sesións formativas do vindeiro ano 2021. Ata o momento, prevese a celebración, en marzo, do curso “IP e Estratexia de Mercado”, do que se informará proximamente. Por outra banda, en canto as persoas participantes no Programa dispoñan dos créditos necesarios para o acceso á certificación, iniciaranse os servizos para a titorización da elaboración do proxecto.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 000.