16
Out

3ª Convocatoria Business Factory Aero (BFAero): WEBINAR III – Que non pare a máquina

On line

Engadir ao calendario

Título: 3ª Convocatoria Business Factory Aero (BFAero). WEBINAR III – Que non pare a máquina!
Data e hora: 16 outubro, 11:00h
Lugar: on line

Co obxectivo de apoiar a emprendedores e novas empresas innovadoras no sector aeroespacial, a Xunta creou no marco da Civil UAVs Iniciative a BFAero, unha incubadora e aceleradora de empresas que aspira a atraer ao mellor talento a Galicia, poñendo a disposición dos emprendedores financiamento, infraestruturas tecnolóxicas e soporte cos que desenvolver o seu proxecto empresarial.