10
Set

Workshop online “Materiais hixiénico-sanitarios”. Ciclo “Materiais para o futuro”

On line

Engadir ao calendario

Data: 10/09/2020
Hora: 10.30 – 12.30 h.

A Materioteca de Galicia pon en marcha un ciclo de catro workshops online destinados a explorar as oportunidades de futuro que ofrecen os novos materiais para a innovación empresarial mediante o deseño.

O ciclo “Materiais para o futuro” do Programa de Deseño para a Innovación da Xunta de Galicia comeza o 10 de setembro coa presentación de novos materiais hixiénico-sanitarios creados en Galicia como resposta á crise do coronavirus.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN), complementa así o ciclo de encontros en formato virtual “A era pos-COVID: redeseñar o mundo”, iniciado a finais de xuño e no que ofrecen a súa visión de futuro profesionais galegos do deseño de referencia a nivel internacional.

Este workshop permitirá coñecer as características dos materiais utilizados na fabricación de equipamentos de protección biolóxica, aplicables na hixienización de espazos para evitar a transmisión de infeccións microbianas ou víricas, como é o caso da COVID-19.

As dúas empresas galegas que presentarán materiais innovadores neste campo serán Nanogap e Luffa-Esponjas. Posteriormente, será exposta unha selección internacional de novos materiais hixiénico-sanitarios da man de Materially.

Durante a xornada presentarase tamén a nova base de datos da Materioteca de Galicia, na que se poderán consultar en detalle as características e aplicacións dunha mostra en continuo crecemento de materiais innovadores con selo galego.

O ciclo “Materiais para o futuro” completarase con outros tres workshops que terán lugar durante o outono:

  • 8 de outubro: CMF e tendencias en materiais.
  • 22 de outubro: Impresión 3D.
  • 12 de novembro: Contract.

A inscrición pode formalizarse só para o workshop do 10 de setembro ou para o ciclo completo: