23
Xul

Encontro “Deseño, ciencia e tecnoloxía”. Ciclo “A era pos-COVID: redeseñar o mundo”

Encontro virtual

Engadir ao calendario

Data: 23/07/2020
Hora: 10.30 – 12.00h.

O ciclo “A era pos-COVID: redeseñar o mundo” do Programa de Deseño para a Innovación da Xunta de Galicia continúa o vindeiro 23 de xullo coa análise da relación entre o deseño, a ciencia e a tecnoloxía no novo contexto aberto pola crise do coronavirus.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN), dalle así continuidade ao ciclo de encontros en formato virtual iniciado a finais de xuño, no que ofrecen a súa visión de futuro profesionais galegos de referencia en Galicia, no resto de España e a nivel internacional.

Baixo o título “Deseño, ciencia e tecnoloxía”, exploraranse as sinerxías que presentan estes tres eixes da innovación nun escenario marcado pola incertidume e por novos retos e necesidades. Complétase así a reflexión iniciada no primeiro encontro do ciclo, no que se analizou a relación entre deseño, empresa e sociedade.

Os profesionais de recoñecido prestixio que compartirán a súa visión cos participantes son o artista Rubén Ramos Balsa, residente en Singapur e fundador da empresa tecnolóxica Mismos, Noemí Cortizas, afincada en Francia e especializada no deseño de produto, materiais, acabados e cores na compañía Roctool; e Anxo López, experto na función estratéxica do deseño e líder desta división no BBVA.