17
Mar

InnovaPeme - O punto de encontro das pemes innovadoras

Parador de Vilalba

Engadir ao calendario

Título: InnovaPeme – O punto de encontro das pemes innovadoras
Lugar: Parador de Vilalba (Rúa Valeriano Valdesuso, s/n, 27800 Vilalba, Lugo)
Data: 17 de marzo de 2020
Hora: de 11:00h a 13:30h

O mundo é unha contorna en constante cambio, cambios sociais, tecnolóxicos, culturais, etc. aos que ningunha empresa pode permanecer allea para continuar sendo competitiva.

É evidente que se o sector no que traballamos cambia e evoluciona, as nosas empresas deben de adaptarse a iso. Os nosos competidores innovan e ofrecen novos produtos ou servizos, os nosos clientes demándannos esas novidades e os nosos provedores ofrécennos eses novos produtos ou tecnoloxías para poder xerar novo valor no noso negocio. A innovación destaca así como unha capacidade determinante para a competitividade das empresas, na medida en que se converteu no seu motor máis importante de transformación e crecemento e con iso, nunha panca de desenvolvemento económico e social da nosa rexión.

O obxectivo de calquera empresa debe ser o integrar a innovación na organización e que non sexa un proceso illado ou un feito excepcional e contemplando o proceso de innovación desde tres aspectos: innovación nos produtos ou servizos que ofrecemos, no proceso produtivo ou na nosa organización.

Por iso, dende a Axencia Galega de Innovación convocamos a terceira edición do Programa InnovaPeme 2020, as nosas axudas destinadas ao financiamento do custo das actividades integradas en plans de innovación para mellorar a capacidade innovadora de micropemes e pemes (axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020).

Obxectivos da xornada

  • Coñecer a visión de Alfons Cornella, un dos maiores expertos en innovación do país e autor, entre outros, do best-seller “como innovar sen ser google”
  • Coñecer a experiencia práctica no desenvolvemento de plans de innovación de pemes galegas de éxito e como contribuíron ao desenvolvemento da súa competitividade.
  • Coñecer a convocatoria da Axencia Galega de Innovación InnovaPeme 2020, as súas principais características e principais novidades con respecto a convocatorias anteriores.

Programa

  • 11:00 – 11:15. Benvida e inauguración. Patricia Argerey, Directora da Axencia Galega de Innovación.
  • 11:15 – 11:45. Charla inno-inspiradora. Alfons Cornella.
  • 11:45 – 12:00. Presentación da convocatoria InnovaPeme 2020. 
  • 12:00 – 12:30. Mesa redonda: casos de éxito da implementación de plans de innovación en pemes. 
    • Enso Innovation. María del Mar Castro López.
    • Mestrelab Research. Lucía Castro Díaz.
    • Krack Zapaterías. Sonia Sobral Martínez.
    • Lugar da Veiga. Ana Seijo Rodríguez.
  • 12:30 – 12:45. Peche da xornada. Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria.
  • 12:45 – 13:30. Aperitivo/Networking.

Programa do evento dispoñible nesta ligazón.
Formulario de inscrición dispoñible nesta ligazón.