Entrega dos IV Premios Galicia de Innovación e Deseño
21 de Decembro
Título: Xornada sobre oportunidades para investigadores e empresas a través das accións Marie Sklodowska-Curie (MSCA)
Día: 20 de febreiro de 2020
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño. Ferrol
Hora: 9:30 h-13:00 h
A Axencia Galega de Innovación, en colaboración coa Fundación para el Conocimiento Madri+d, organiza o próximo 20 de febreiro en Ferrol unha xornada para orientar ás/aos investigadoras/es e entidades interesadas en participar nalgunha das próximas convocatorias das Accións Marie Skłodowska-Curie (MSCA).
As MSCA fomentan a movilidade internacional e intersectorial en universidades, centros de investigación, infraestructuras de investigación, empresas, PEMEs e outros grupos socioeconómicos.
Durante esta xornada, Jesús Rojo, Punto de Contacto Nacional (NCP) para as MSCA presentará as dúas próximas convocatorias abertas para a participación de empresas e investigadores: Research & Innovation Staff Exchange (RISE) e Individual Fellowships (IF).
Os interesados que queiran participar no programa MSCA terán a posibilidade de manter unha entrevista persoal con Jesús Rojo.
Programa provisional e inscrición dispoñibles nesta ligazón.