9
Dec

Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia (1º curso)

Cidade da Cultura

Engadir ao calendario

Título: Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia (1º curso)
Lugar: Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Data: do 9 ao 13 de decembro de 2019
Prazo de inscrición: ata o 5 de decembro ás 20:00 h

A Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración coa Fundación Barrié organiza o primeiro curso do Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia. Esta certificación emitida por ATTP é o estándar internacional para acreditar a competencia e experiencia daqueles profesionais que desenvolven a súa carreira no ámbito da transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Para facilitar a súa obtención por parte de xestores de transferencia do Sistema Galego de Innovación, organizaranse accións formativas e proporcionarase mentorización para a preparación do dossier acreditativo esixido pola entidade acreditadora.

O primeiro curso deste ciclo formativo “Transferencia de Tecnoloxía: da teoría á práctica”, celebrarase dende o día 9 ata o día 13 de decembro, na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).

O programa de Capacitación para Xestores de Transferencia forma parte das iniciativas desenvolvidas polo Programa Ignicia – Transferencia de Coñecemento, iniciativa que integra diversas actuacións de fortalecemento das capacidades do Sistema de Innovación para mellorar a abordaxe de procesos de identificación, valorización e comercialización de resultados de I+D.

Pode consultar toda a información do programa premendo aquí. Para inscribirse, cubra o formulario na seguinte ligazón. O prazo de inscrición remata o 5 de decembro ás 20:00h.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 000.