16
Out

Inauguración da exposición “Galicia XXI. O design como motor” no marco da Porto Design Biennale

Porto

Engadir ao calendario

Título: Inauguración da exposición “Galicia XXI. O design como motor” no marco da Porto Design Biennale
Lugar: WOW-Work on Wood by Finsa. Porto
Data: 16/10/2019
Hora: 10:00 h – 12.00 h

O deseño galego contará cun espazo propio na Porto Design Biennale a iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Programa de Deseño para a Innovación 2020 da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e coa colaboración do Grupo Finsa.

Trátase da exposición “Galicia XXI. O design como motor”, que será inaugurada o vindeiro 16 de outubro no espazo WOW-Work on Wood by Finsa, en Porto.

A mostra, que permanecerá aberta ata o 24 de novembro, ten como principal obxectivo posicionar e difundir o potencial creativo do deseño galego na Porto Desing Biennale. Este evento, que celebra a súa primeira edición como gran cita do deseño europeo deste ano, está organizado pola esad—idea e promovida polas Cámaras Municipais do Porto e de Matosinhos.

A exposición recolle pezas de 42 estudios e profesionais do deseño galegos, tanto dos que exercen en Galicia como daqueles que están a destacar noutros países, aos que se suma o traballo de figuras senlleiras como Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo. Distribuída en cinco seccións, nela faise un percorrido por traballos arredor da industria, da empresa, da tradición, da actitude e da formación.

Durante a inauguración será presentada tamén no contexto portugués a publicación “O deseño como motor. Casos de éxito en Galicia”, para difundir no país veciño os principais referentes galegos na aplicación do deseño á innovación empresarial.

O evento complétase cunha mesa redonda sobre a importancia do deseño en Galicia e a súa integración no mundo da empresa.

Confirmación de asistencia mediante correo electrónico a programadeseno.gain@xunta.gal ou chamando ao +34 881 999 120.