8
Abr

Novidades da Lei de Marcas

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Día: 8 abril de 2019
Lugar: Salón de Actos, Sede da Axencia Galega de Innovación
Hora: 10:00

O pasado 14 de xaneiro de 2019 entrou en vigor o Real Decreto-Lei 23/2018, de 21 de decembro, polo que se modifica a Lei 17/2001, de 7 de decembro, de Marcas.

Para dar a coñecer as modificacións introducidas por este Real Decreto, a Axencia Galega de Innovación (Gain) organiza en colaboración coa Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM) unha xornada de difusión sobre as novidades da Lei de Marcas o vindeiro 8 de abril na sede da Axencia en Santiago de Compostela.

Podes atopar o programa e o formulario de inscrición nesta ligazón.