11
Abr

Xornada sobre programas de cooperación tecnolóxica internacional financiados polo CDTI e o Programa Innowwide

CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol)

Engadir ao calendario

Día: 11 de abril de 2019
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño. Ferrol
Hora: 10:15 h-13:00 h

A Axencia Galega de Innovación, en colaboración co CDTI, organiza o próximo 11 de abril en Ferrol unha xornada informativa sobre os programas de cooperación tecnolóxica internacional financiados polo CDTI.

Durante esta xornada o CDTI presentará os principais programas de cooperación tecnolóxica internacional que financia (Eureka, Eurostars, Iberoeka, etc.), as convocatorias activas nas que participa así como a planificación das próximas convocatorias e iniciativas de interese. Os técnicos do CDTI tamén presentarán o novo programa Innowwide que financia estudos de viabilidade de modelos de negocios innovadores desenvolvidos polas pemes.

As entidades que teñen a intención de participar nalgún dos programas de cooperación internacional de I+D+i ou no programa Innowwide terán a posibilidade de manter unha entrevista persoal cos representantes do CDTI.