23
Out

Conferencia da Plataforma de Stakeholders do Atlántico

Auditorio Mar de Vigo

Engadir ao calendario

Título: Reunións bilaterais – Conferencia da Plataforma de Stakeholders do Atlántico
Lugar: Auditorio Mar de Vigo, Vigo
Data: 23 de outubro de 2018
Hora: 14:00 – 17:30

A Axencia Galega de Innovación e a Tecnópole, como membros do consorcio Galactea-Plus da Enterprise Europe Network, organizan o evento de reunións bilaterais que se celebrará en Vigo o 23 de outubro de 2018 no marco da Conferencia da Plataforma de Stakeholders do Atlántico.

A conferencia, que terá lugar o 23 e 24 de outubro de 2018, destacará os logros do Plan de Acción Atlántico en termos de proxectos implementados e iniciativas levadas a cabo polos stakeholders e institucións, así como as oportunidades de financiamento existentes a nivel nacional, rexional e europeo. Farase especial fincapé no papel das pemes da área atlántica no seu papel de empregadores e innovadores cruciais no ámbito marítimo

Durante o primeiro día da conferencia, os socios da Enterprise Europe Network en Galicia, ( GAIN e Tecnópole), organizaremos un evento de reunións bilaterais para entidades e pemes situadas na rexión atlántica co obxectivo de que poidan coñecer a socios potenciais a través de reunións bilaterais concertadas previamente.

Os participantes tamén terán a oportunidade única de reunirse con representantes da Comisión Europea, o BEI, a Rede de Business Angels, ministerios e outras institucións para discutir a posibilidade de presentar ideas de proxectos específicos para as próximas convocatorias, e coñecer de primeira man as oportunidades de financiamento.

Datas límite

  • Rexistro: 13/06 – 15/10
  • Selección de reunións: 03/09 – 21/10
  • Axenda final: 22/10
  • Evento: 23/10

Rexistro ao evento de Matchmaking través da páxina web: https://aspc.b2match.io/home

Máis información e programa da conferencia dispoñibles nesta ligazón.