27
Mar

Presentación da convocatoria 2017 do Programa de investimentos de empresas estranxeiras en actividades de I+D

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Lugar: Axencia Galega de Innovación. Rúa de Airas Nunes, s/n. Santiago de Compostela
Data: Luns 27 de marzo
Hora: a partires das 10:30h

A Axencia Galega de Innovación acolle a presentación da convocatoria 2017 do Programa de investimentos de empresas estranxeiras en actividades de I+D do ICEX (Ministerio de Economía, Industria e Competitividade). Esta convocatoria está dotada con 2 millóns de euros para Galicia e o seu obxectivo é impulsar o desenvolvemento de novas actividades de I+D+i por parte de empresas de capital estranxeiro que se atopen xa implantadas ou con previsión de implantarse en España (a efectos desta convocatoria, enténdese por empresa de capital estranxeiro aquela que teña unha participación no seu capital de Investimento Estranxeiro Directo (IED) maior ou igual ao 10%).

O tipo de axuda son subvencións a fondo perdido e o importe máximo é de 200.000 euros por empresa (normativa de Mínimis). A convocatoria xa está publicada no BOE e o prazo de solicitude pecha o 18 de abril de 2017.

Aquelas empresas que o desexen, poderán manter unha reunión bilateral co representante do ICEX para valorar un proxecto concreto ao final da xornada.

Programa da xornada
Formulario de inscrición