8
Feb

Presentación do proxecto FUTUREfacing: Acabados e revestimentos do moble: da fabricación tradicional á industria 4.0

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Lugar: Salón de actos da Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes, s/n. Santiago de Compostela
Data: mércores 8 de febreiro de 2017
Hora: de 9.30 a 13:15 horas

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), a través dos Centros de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) e do Deseño e a Tecnoloxía (CIS-Galicia), xunto coa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, presentan o proxecto FUTUREfacing a través da xornada “Acabados e revestimentos do moble: da fabricación tradicional á industria 4.0”.

Este proxecto, integrado por un consorcio de seis socios de catro países europeos, persegue compartir, desenvolver e transferir prácticas innovadoras en educación e formación para a industria da madeira, en base ás demandas do sector.

Na xornada de presentación, dirixida a empresas, profesionais, prescritores e estudantes do sector da madeira e o moble, amosaranse as tendencias actuais e innovacións en acabados e revestimentos a nivel europeo.

Os acabados e revestimentos constitúen un elemento esencial no deseño e produción de mobiliario. Determinan tanto a estética como as prestacións funcionais, e están suxeitos a lexislacións cada vez máis restrictivas en temas de saúde, seguridade no traballo e o medio ambiente. A fabricación tradicional está evolucionando incorporando nanotecnoloxía, secado UV ou propiedades antibacterianas, entre outras.

O programa da xornada e o formulario de inscrición están dispoñibles nesta ligazón.

Data límite de inscrición: venres 3 de febreiro de 2017