Xornada de preparación de propostas EUROSTARS-3
20 de Xullo
Lugar: Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes, s/n. Conxo. Santiago de Compostela.
Data: 24 de outubro de 2016
Hora: 10.30h
A Axencia Galega de Innovación (GAIN), a través do CIS GALICIA e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), está a traballar en actuacións de apoio específicas para impulsar o uso da computación nas Peme, entre as que se inclúe esta xornada.
O seu obxectivo é informar a empresarios, enxeñeiros e persoal técnico de Peme da segunda convocatoria de experimentos baseados en computación de altas prestacións na nube (HPC Cloud) dentro do Proxecto Europeo Fortissimo2, para resolver ou mellorar necesidades de negocio de Peme de enxeñaría, industriais e auxiliares.
A través desta convocatoria, financiaranse experimentos para estender e demostrar o potencial dos servicios HPC-Cloud, especificamente aplicacións que inclúan simulacións de procesos físicos ou análise de grandes cantidades de datos (Big Data). O financiamento máximo por proxecto ascende a 175.000 euros.
Ligazón ao programa da xornada
Ligazón ao formulario de inscrición