15
Set

Oportunius: taller práctico de preparación de propostas ás bolsas do European Research Council (ERC)

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n. Conxo
Data: 15 de setembro de 2016
Hora: de 10:15 a 17:30h

A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).

Para elo, entre outras actuacións, o Programa Oportunius ofrece asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web de GAIN. Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.

O 15 de setembro celebrarase en Santiago de Compostela , na sede de GAIN, un destes talleres enfocado ás convocatorias 2017 do ERC, con especial atención na de StartingGrant que pecha o próximo 18 de outubro. No taller participará o Punto Nacional de Contacto para ERC, Lucía Faes del Río.

Para calquera dúbida podes contactar no teléfono 981 337 115 ou no enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal

Ligazón ao programa da xornada
Ligazón ao formulario de inscrición