28
Xan

Taller formativo no uso da Plataforma FI-WARE para participar nas Convocatorias FI-PPP

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Lugar: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela
Data: 28 de xaneiro
Hora de comezo: 09:30 horas
Hora de remate: 18:30 horas

FIWARE é unha plataforma software definida pola Comisión Europea para o desenvolvemento de aplicacións ou servizos que permitan acelerar a creación de negocios. Para promover o seu uso, a Comisión Europea lanzará ao longo do ano 2015 unha serie de convocatorias que darán acceso a un financiamento de entre 50 mil e 150 mil euros por proxecto así como a un proceso de aceleración do proxecto.

A xornada vai dirixida a desenvolvedores de software ou parte do staff de PEMEs que queiran concorrer ás convocatorias do programa FI-PPP.

A xornada facilitará aos asistentes formación sobre a arquitectura e solucións xenéricas de FIWARE; preparará aos participantes para desenvolver as súas primeiras aplicacións en FIWARE e dará a coñecer de primeira man experiencias de emprendedores que xa deron o paso de usar FIWARE.

Formulario de inscrición e programa: http://xornadas.galiciainnovacion.es/TallerFormativoFIWARE/inscricion.html