28
Out

H2020: Oportunidades no sector das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC)

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Lugar: Confederación de Empresarios de Pontevedra, Vigo
Data: 28 de outubro de 2014

A Axencia Galega de Innovación organiza, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Pontevedra e INEO a xornada H2020: Oportunidades no sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación .

O evento contará coa participación dun experto do Centro para el Desarrollo Tecnológico e Industrial (CDTI) que explicará detalladamente as posibilidades de financiamento que ofrece este programa no sector das TIC. Describiranse tamén as axudas e os servizos de apoio que a Axencia Galega de Innovación (GAIN) pon a disposición das PEMES galegas e dos axentes de innovación para a elaboración das propostas.

Por último, na parte final da sesión presentaranse proxectos internacionais que buscan socios para completar o seu consorcio.

A xornada terá un carácter eminentemente práctico, en tal senso, as empresas que o desexen poderán manter unha entrevista bilateral con representantes de CDTI e de GAIN para aclarar posibles dúbidas.

Máis información dispoñible nesta ligazón