5
Mar

EEA Grants – Financiamento de proxectos empresariais de I+D aplicada: Enerxías renovables, eficiencia enerxética, medio ambiente e tecnoloxías de cambio climático

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Data: Mércores, 5 de marzo de 2014
Hora: de 10:00 a 12:30h
Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia. Avda. de Vigo s/n. Santiago de Compostela.
Videoconferencia con A Coruña (UDC), Ferrol (CIS Galicia) e Ourense (Tecnópole).
Organizan: Axencia Galega de Innovación (GAIN) e Centro para el Desarrollo Tecnológico Empresarial (CDTI).

O obxectivo desta xornada é presentar en Galicia a convocatoria para proxectos de I+D cofinanciados polo Mecanismo Financeiro do Espazo Económico Europeo (EEA Grants), que financia proxectos empresariais de carácter aplicado para a creación e mellora significativa dun proceso produtivo, produto ou servizo no ámbito das enerxías renovables, a eficiencia enerxética, o cambio climático e as tecnoloxías medioambientais. Esta convocatoria, xestionada por CDTI, está actualmente aberta.
As empresas teñen a posibilidade de solicitar xuntanzas bilaterais cun técnico de CDTI, para resolver dúbidas sobre a convocatoria, ou cun técnico de GAIN, en relación cos instrumentos da Axencia para o apoio á participación das PEMES en programas nacionais e europeos.
Precísase inscrición.

Inscricións nesta ligazón
Programa do evento
Ficha de proxecto para xuntaza bilateral coa GAIN
Ficha de proxecto para xuntaza bilateral co CDTI