SEGAPI

O artigo 149.1.9 da Constitución Española establece que lle corresponde ao Estado a competencia exclusiva en materia de lexislación sobre propiedade industrial e intelectual, por outra banda, o Estatuto de Autonomía de Galicia no seu artigo 29 outorga á Comunidade Autónoma Galega a competencia de execución da lexislación do Estado en materia de propiedade industrial.

Tendo en conta isto, a Xunta de Galicia e a OEPM subscribiron un convenio de colaboración que se renova automáticamente cada ano en virtude do cal o Servicio Galego da Propiedade Industrial prestará os servizos de oficina rexional da OEPM como oficina receptora de solicitudes e outros documentos relacionados coa concesión de títulos de propiedade industrial, de prestación de servizos de información e como impulsora da protección e utilización do sistema de propiedade industrial por parte do tecido empresarial galego.

Dependencia funcional: o SEGAPI é unha unidade da Axencia Galega de Innovación dentro da División de Xestión da Innovación dependente da Área de Programas de Innovación.

Enderezo: Rúa Airas Nunes s/n, 15702 Santiago de Compostela.
Teléfono de información: 981 957 390 – 981 957 391
Enderezos electrónicos: infosegapi.gain@xunta.es