Servizos do Segapi

Rexistro de Títulos de Propiedade Industrial

Na oficina do Segapi, da Axencia Galega de Innovación GaIn, poderá rexistrar, ao abeiro dun convenio de colaboración asinado coa Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM), todos os títulos de propiedade industrial e calquera documentación necesaria para solicitar ou manter os seus dereitos:

  • Invencións (Patentes e Modelos de utilidade)
  • Marcas e Nomes comerciais
  • Deseños industriais
  • Topografías de produtos semiconductores

O Servizo Galego de Propiedade Industrial (Segapi) colabora coa Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM), sendo ademais recoñecida pola Oficina Europea de Patentes como compoñente da Rede PATLIB (Centros Europeos de Información de Patentes), así como pola Organización Mundial da Propiedade Industrial (OMPI).

Asesoramento

O Segapi ofreceralle asesoramento e información sobre cuestión relacionadas coa Propiedade Industrial. Asimesmo, facilitarémoslle os enderezos e ligazóns onde encontrará a información e a documentación necesaria para rexistralos:

  • Información sobre o contido e normativa das diferentes modalidades de propiedade industrial.
  • Información sobre a busca de antecedentes de signos distintivos rexistrados para valorar a posibilidade de obter novos signos.
  • Información sobre a busca da situación xurídica de tódolos expedientes tramitados pola OEPM.
  • Información orientativa sobre a modalidade axeitada de rexistro.
  • Entrega de impresos normalizados e información para a súa correcta cobertura.
  • Información sobre trámites, requisitos, prazos e taxas para a obtención da protección rexistral.
  • Información sobre o mantemento dos dereitos de propiedade industrial: pagamentos e renovacións.
  • Información sobre actuacións administrativas: transmisión ou cesión de dereitos.
  • Información sobre procedementos internacionais de rexistro.
  • Reprodución dos documentos completos de patentes nacionais e estranxeiras.
  • Información sobre as buscas retrospectivas de invencións e deseños.
  • Información sobre os Informes tecnolóxicos de patentes.

Estos servicios ofrécense preferentemente a través do noso enderezo electrónico de consulta online: cei.infosegapi@xunta.es ou ben con atención personalizada (previa cita) na nosa oficina.

Búsqueda de información tecnolóxica

Previa solicitude ofrecemos aos nosos clientes (Empresas, Centros Tecnológicos, Universidades e Particulares), os seguintes informes de búsqueda:

Pode obter información do contido dos informes descargando os correspondentes folletos descriptivos.