Crecemento empresarial e internacionalización

O Plan Galego de Investigación, innovación e Crecemento 2011–2015 contempla, como un dos seus cinco grandes retos, o crecemento empresarial, tendo en conta de forma especial a estrutura empresarial galega constituída principalmente por pequenas empresas. Apóstase, polo tanto, dentro da estratexia galega de innovación por aquelas iniciativas que permitan a vinculación entre innovación, crecemento empresarial e internacionalización. Neste sentido, a AXENCIA leva a cabo actividades de apoio e soporte, co obxectivo de vincular innovación con crecemento empresarial e internacionalización como estratexia de desenvolvemento, a través de procesos de innovación aberta. Este sería o caso do programa INNTERCONECTA e dos apoios ás plataformas tecnolóxicas e os clústers empresarias galegos.

En Galicia esta dinámica ten impulsado a competitividade de empresas que conseguiron un importante éxito baseado na innovación e no coñecemento. No apartado de boas prácticas móstranse 20 destes casos.

A difusión de boas prácticas é unha das actividades específicas a desenvolver neste eido por parte da AXENCIA na medida en que a posta en valor de casos de éxito empresarial contribúe a facilitar espellos ás pemes galegas nos que mirarse para comprobar, dende a proximidade doutras pemes da súa contorna, como reflicten os resultados de incorporar a innovación aberta como motor de crecemento.

K Ligazóns relacionadas