Conversas en rede

CONVERSAS EN REDE: Talento emerxente do deseño galego

As Conversas sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sustentabilidade teñen por obxectivo proxectar o potencial do deseño como motor empresarial dándolle voz ao talento emerxente.

O ciclo de conversas, de periodicidade bimestral, permitirá explorar a visión dos novos e novas profesionais galegos con máis proxección internacional sobre diferentes temáticas e vías de desenvolvemento para o deseño.

Estes diálogos retransmitidos en streaming son unha ventá ás tendencias máis efervescentes a nivel global en diversas especialidades do deseño, a partir da experiencia de cada participante.

O ciclo de conversas é unha iniciativa desenvolvida pola Axencia Galega de Innovación e a Fundación DIDAC no marco da creación da Rede internacional de profesionais do deseño galego, un dos eixes do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA.

27/09
Joel Blanco (Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e Universidade de Harvard)
Damián Calvo (IED Madrid e Academia de Deseño de Eindhoven)

Accede aquí ao vídeo da conversa.

31/05
Yarza Twins (Central Saint Martins, University of the Arts, Londres)
Damián Calvo (EUDI, Ferrol)

Accede aquí ao vídeo da conversa.