Programa de Impulso á Innovación nas Pemes

Este programa ten como obxectivo promover que a innovación sexa a esencia da competitividade das pemes galegas, e contribuir a superar os obstáculos para innovar das pemes. O programa consta de 5 eixos de actuación a desenvolver entre 2021-2022:

  • Eixo 1. Servizos cercanos e personalizados ás pemes: Os camiños da innovación. Recorreremos todas as comarcas galegas, a través dunha ruta con 18 paradas nas zonas non urbanas, onde realizaremos asesoramentos personalizados ás pemes e organizaremos eventos de difusión cun alcance a máis de 900 microempresas e pemes.
  • Eixo 2. Impulso das redes locais de innovación. A través da colaboración cos axentes locais realizaremos 36 xornadas comarcais, e promoveremos 10 foros de innovación con empresas tractoras nos que participarán 100 pemes.
  • Eixo 3. Difusión e capacitación. Imos a crear contenido de formación específico en materia de innovación para las pymes, e tamén un boletín mensual sobre conceptos prácticos da innovación que chegue a 2400 empresas.
  • Eixo 4. Reforzo dos instrumentos de apoio a actividade innovadora. Con novos programas a partir de 2022 por valor de 3 millóns de euros focalizados na innovación como ferramenta de innovación e unha aceleradora de comercialización e internacionalización da innovación.
  • Eixo 5. Creación do observatorio de innovación. Analizaranse indicadores e tendencias para coñecer as necesidades das pemes, adiantarnos e adaptar os instrumentos de apoio e programas. Ademáis, crearemos un mapa de axentes para apoiar a colaboración na innovación.

Documentación