Avaliación do potencial comercial de resultados de I+D

Metodoloxía de avaliación preliminar de resultados de I+D nos axentes do Sistema Galego de Innovación

Este manual describe un procedemento para revisar unha serie de características do coñecemento científico-tecnolóxico á saída do laboratorio co obxecto de determinar con carácter preliminar o seu potencial comercial, así como os próximos pasos e principais fitos na ruta cara á súa valorización e explotación.

O procedemento —que foi testado con casos reais nos centros tecnolóxicos e as universidades do SUG- está deseñado para que sexa facilmente aplicable por parte das unidades de transferencia permitíndolles:

  • Despexar incerteza acerca das posibilidades de transferencia dunha tecnoloxía sen necesidade de recorrer a un custoso proceso de avaliación.
  • Priorizar a asignación de recursos a procesos de valorización.
  • Seleccionar de maneira áxil tecnoloxías que reúnen as condicións máis adecuadas para optar a beneficiarse de servizos de apoio ou incentivos á valorización (aceleradoras de transferencia, programas de proba de concepto, programas de servizos de valorización, etc.).
  • Xerar un portfolio de tecnoloxías clasificado en función do seu potencial comercial.

O manual acompáñase dun aplicativo que proporciona un soporte adicional ao procedemento descrito no manual cunha dobre utilidade:

  • Facilitar o rexistro das avaliacións realizadas, unha vez realizado o proceso de caracterización comercial.
  • Proporcionar información de conxunto sobre o potencial comercial da carteira de resultados da I+D+I.

Documentación e enlaces

Para a realización de consultas sobre a súa aplicación: programacion.centros.gain@xunta.gal