O Programa de Deseño para a Innovación contempla o recoñecemento ás mellores iniciativas do deseño galego como unha vía estratéxica para reforzar e promocionar o esforzo dos seus profesionais e a proxección do seu traballo.
Este eixe de actuación prioriza a colaboración coas entidades de referencia no sector e tamén está aberto á posta en marcha de iniciativas propias.
Os Premios Galicia de Innovación e Deseño nacen en 2020 como unha iniciativa da Xunta de Galicia, a través de Gain, para recoñecer o labor das persoas e empresas que están a contribuír significativamente ao desenvolvememento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño.
Os galardóns contan cunha sección específica de deseño con tres categorías:
Toda a información dispoñible aquí.
A colaboración da Axencia Galega de Innovación cos Premios da Comunicación e do Márketing de Galicia, os Premios Paraugas, comezou en 2018.
Desde a terceira edición deste certamen, Gain, a través do Programa de Deseño para a Innovación, patrocina a categoría de deseño destes galardóns, organizados polo Clúster de Comunicación de Galicia.
O deseño galego tivo o seu espazo propio na Porto Design Biennale, que en 2019 celebrou a súa primeira edición co obxectivo de converterse na gran cita do deseño europeo.
A Porto Design Biennale contou cunha exposición de deseño galego, que contribuíu non só á proxección internacional dos seus profesionais senón tamén á apertura de novas oportunidades de colaboración entre Galicia e Portugal para impulsar o deseño como ferramenta de innovación e competitividade.