Convocatoria para 2020 das axudas para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea (Horizon 2020), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (códigos de procedemento IN607F, IN607G e IN607H).
- Data de publicación no DOG: 11/05/2020
- Códigos de procedemento:
- Liña 1: IN607F
- Liña 2.1: IN607G
- Liña 2.2: IN607H
- Prazo de presentación de solicitudes: comenzará ao día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da convocatoria, 12 de maio de 2020, e permanecerá aberto ata o 30 de novembro de 2020 ou ata o esgotamento dos fondos asignados.
- No caso de que os fondos se esgotasen antes do 30 de novembro, anunciaríase na web de Gain, xa que non se poderían atender máis solicitudes.
- A concesión destas axudas realizarase a través dun réxime aberto de concorrencia non competitiva, considerando a orde de presentación da solicitude como único criterio de concesión sempre que a solicitude cumpra os requisitos indicados na convocatoria. No caso de solicitudes que deban ser subsanadas, a data de presentación da solicitude será aquela na que fose realizada a emenda.
- Eido estratéxico: RIS3 – Programa INNOVA EN GALICIA (complemento H2020)
Descrición e obxectivos
Novo esquema de apoio previsto na RIS3 Galicia orientado ao incremento do impacto do Programa Marco da Unión Europea no Sistema Galego de innovación.
Este esquema, que inclúe varias liñas de axuda, conta cun dobre obxectivo:
- o aumento do retorno acadado polas entidades galegas no Programa Marco a través do apoio á preparación de propostas “de calidade”.
- a procura dunha coordinación estratéxica entre o Programa Marco e Programa Operativo Feder-Galicia que mellore a eficiencia e eficacia no Sistema Galego de Innovación do financiamento adicado á I+D+i.
Actividades subvencionables
Neste esquema de apoio inclúense varias liñas de apoio:
- Liña 1 (IN607F ): apoio á preparación de propostas de calidade ao Programa Marco. Considerarase que son de calidade aquelas que obtiveron unha puntuación superior ao 75% da nota máxima establecida na convocatoria á que concorreron.
- Liñas 2.1 (IN607G) e 2.2 (IN607H): financiamento do desenvolvemento dunha proposta individual presentada á Fase 1 (liña 2.1) ou a Fase 2 (liña 2.2) do Instrumento PEME. Deberán contar co selo de excelencia da Comisión Europea ou ter acadado unha avaliación igual ou superior á necesaria para súa obtención. Tamén serán subvencionables aquelas propostas individuais presentadas á nova acción piloto do Consello Europeo de Innovación que conten co Selo de Excelencia da Comisión Europea.
Quen pode solicitar estas axudas?
- Liña 1: PEMEs e organismos de investigación e difusión (públicos e privados)
- Liñas 2.1 e 2.2: PEMEs
Gastos subvencionables:
- Liña 1:
- Consultoría destinada á formulación da proposta e a súa presentación
- Persoal propio
- Persoal de nova contratación
- Liña 2.1:
- Persoal propio
- Persoal de nova contratación
- Subcontratacións
- Consultoría: gastos asesoramento experto (panel de coaches EASME-instrumento peme)
- Asistencias técnicas
- Liña 2.2:
- Persoal propio
- Persoal de nova contratación
- Equipamento e material instrumental
- Material funxible
- Adquisición de patentes
- Servizos tecnolóxicos
- Subcontratacións
- Custos indirectos (máximo 10% persoal)
Documentación e enlaces
Documentación para a xustificación