Investigación e innovación fronte ao coronavirus

Dende a Xunta de Galicia, no contexto da emerxencia sanitaria actual provocada pola pandemia do COVID-19, queremos dar respostas a través da investigación, o desenvolvemento e a innovación.

Consulta sobre as capacidades para aportar solución innovadoras


Lanzamos unha chamada para identificar todas as capacidades do Sistema Galego de Innovación na loita contra o novo coronavirus. ​A través dun formulario web, estamos a recoller propostas do Sistema galego de I+D+i para a loita contra o COVID-19. Esta chamada está dirixida a empresas ou centros de coñecemento que dispoñan de solucións innovadoras maduras que axuden a loitar contra o COVID-19.

Estas solucions innovadoras teñen que poder implementarse nun prazo de tempo moi curto, en ámbitos directamente relacionados co brote do COVID-19, por exemplo:

  • Novos dispositivos de intervención ou tratamento
  • Solucións para fabricación de ventiladores invasivos
  • Equipos de protección individuais ou colectivos (mascarillas, cortinas, traxes, gorros, luvas…)
  • Detección e destrución do virus, sistemas de desinfección masivos…​

Trátase de achegar solucións que poidan ser útiles ás autoridades sanitarias para loitar contra o coronavirus.

A Axencia Galega de Innovacion realizará un filtro das propostas que cheguen e achegará financiamento para aquelas que resulten de interese. O prazo límite para achegar as solucións é o venres 27 de marzo.

O formulario está dispoñible nesta ligazón.


Interrupción de prazos


En virtude do acordo da Xunta de Galicia polo que se adoptan medidas adicionais preventivas nos lugares de traballo do sector público autonómico publicado o domingo 15 de marzo, suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste. Esta suspensión de termos e interrupción de prazos afecta aos procedementos administrativos que a Axencia Galega de Innovación (Gain) tiña en marcha como prazos de solicitude de axudas, prazos de notificación e resolución, prazos de enmenda, etc.

Tamén quedan suspendidos os prazos de prescrición e caducidade de calquera acción e dereito durante o prazo de vixencia do estado de alarma e, se é o caso, das prórrogas que se adoptaren.

Estas medidas de carácter extraordinario entraron en vigor o mesmo domingo 15 de marzo e terán a duración imprescindible para dar resposta á situación que motivou a súa adopción e poderán ser revogadas por necesidades do servizo e, en todo caso, cando cesen as recomendacións das autoridades sanitarias.


Atención ao público


En Gain seguimos atendéndote, na medida do posible e coas restriccións xeneradas pola situación, por teléfono ou a través de correo electrónico:

  • Xeral: 981 541 072 — gain@xunta.gal
  • Área de Centros: 981 957 000 — centros.gain@xunta.gal
  • CIS Tecnoloxía e Deseño: 981 337 114 — infocistd.gain@xunta.gal
  • Área de Servizos: 981 957 008 — servizos.gain@xunta.gal
  • Área de Programas: 981 541 071 — programas.gain@xunta.gal
  • Área de Xestión: 981 541 098 — xestion.gain@xunta.gal


Preguntas frecuentes

1. Quen pode informarme sobre as axudas á I+D durante este período?

  • O noso servizo de asesoramento segue activo, coa única diferenza de que estableceremos reunións virtuais en lugar de presenciais. Se estás interesado en recibir información específica para o teu proxecto, unicamente tes que enviarnos un correo electrónico a servizos.gain@xunta.gal

2. Que ocorre cos prazos administrativos dos procedementos das entidades públicas durante o período de emerxencia sanitaria por Coronavirus COVID-19?

  • En virtude deste acordo, suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste. Esta suspensión de termos e interrupción de prazos afecta tanto aos procedementos administrativos que a Axencia Galega de Innovación tiña en marcha como prazos de solicitude de axudas, prazos de notificación e resolución, prazos de emenda, etc.
  • Estas medidas de carácter extraordinario entraron en vigor o domingo 15 de marzo e terán a duración imprescindible para dar resposta á situación que motivou a súa adopción e poderán ser revogadas por necesidades do servizo e, en todo caso, cando cesen as recomendacións das autoridades sanitarias.

3. Continuarán tramitándose expedientes e pagos durante este período excepcional?

  • O equipo da Axencia Galega de Innovación continuará traballando coa maior normalidade posible para evitar os atrasos na correcta tramitación de expedientes, con un énfase especial na tramitación de pagos.

4. Pode o meu expediente seguir recibindo requirimentos?

  • Si, continuamos traballando e durante este período seguiranse tramitando requirimentos. Neste período extraordinario, os prazos para responder/emendar estes requirimentos, non finalizarán ata que unha vez reiniciado o cómputo de prazos transcorran os días establecidos. Esta situación non impide que se responda a estes requirimentos antes de que se produza a finalización do seu prazo.

5. Segue en funcionamento o rexistro da Axencia?

  • En cumprimento do acordo sobre as medidas preventivas nos lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do Coronavirus, as oficinas de rexistro permanecerán pechadas mentres dure a actual situación.
  • A presentación de documentos poderá efectuarse a través do Rexistro Electrónico, dispoñible na Sede Electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal as 24 horas do día.

6. En relación ao Programa InnovaPeme, prorrógase o período de xustificación da 2ª anualidade?

  • Os prazos de presentación das xustificacións das convocatorias quedan interrompidos, estando abertos durante todo o período que delimite o acordo sobre as medidas preventivas nos lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do Coronavirus ou as súas prórrogas.
  • Unha vez rematado o período de suspensión reiniciarase o cómputo dos prazos e indicaranse os novos prazos de cada convocatoria da Axencia na nosa páxina web.
  • En todo caso, poderá seguir enviando as súas memorias de xustificación neste período para calquera das convocatorias de apoio da Axencia en calquera momento a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

7. En relación aos Programas Principia e Talento Senior, computan os períodos do persoal bonificado durante un ERTE?

  • De cara a facilitar a total execución dos proxectos de I+D+i desenvolvidos polos profesionais financiados con estas ordes, os períodos de empregados sometidos a un ERTE non computarán a efectos do cálculo da duración mínima ou imputación económica da contratación requiridos na resolución da convocatoria.
  • Tanto a estadía laboral como o salario do traballador deixará de imputarse durante o período de ERTE na cantidade equivalente ao mesmo (se o ERTE non é pola totalidade da xornada laboral) e retomarase unha vez que o traballador se reincorpore ao traballo.


Convocatorias abertas para apoiar a I+D+i fronte o COVID-19

ePitching do Consello Europeo de Innovación (EIC) sobre o COVID-19

  • Organismo: Consello Europeo de Innovación (EIC)
  • Beneficiarios: pemes respaldadas polo EIC
  • Prazo: ata o 27 de Marzo
  • Máis información nesta ligazón.

Convocatoria de expresións de interese para o financiamento de proxectos de investigación sobre o sars-cov-2 e a enfermidade COVID19

  • Organismo: Instituto de Salud Carlos III
  • Dotación: 24 M€
  • Beneficiarios: organismos de investigación
  • Prazo: desde o 19 de marzo ata a extinción do Fondo COVID-19
  • Enlace á convocatoria.

Convocatoria de propostas da Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI): Desenvolvemento de terapias e diagnósticos para combater as infeccións por coronavirus (IMI2-2020-21-01)

  • Organismo: Comisión Europea / Innovative Medicines Initiative
  • Dotación: 45 M€
  • Beneficiarios: consorcios
  • Prazo: ata o 31 de Marzo
  • Enlace á convocatoria.

Convocatoria NEOTEC

  • Organismo: CDTI
  • Beneficiarios: empresas innovadoras de base tecnolóxica
  • Dotación: 25 M€
  • Prazo: a partir do 15 de abril
  • Máis información dispoñible nesta ligazón.


Enlaces ao Ministerio de Ciencia e Innovación e Comisión Europea


Enlaces ás seccións do Ministerio de Ciencia e Innovación e Comisión Europea sobre a I+D+i aplicada á loita contra o coronavirus: