Voando alto, sumando vocacións. Programa de actividades de fomento de vocacións científico-tecnolóxicas
A Civil UAVs Initiative, iniciativa pioneira en Europa promovida pola Xunta de Galicia co obxectivo de desenvolver a industria de vehículos non tripulados (UAVs) ao redor do Polo Aeroespacial de Galicia para a mellora dos servizos públicos, propiciou un ecosistema de innovación capaz de xerar novas ideas e atraer e reter o talento.
Neste contexto e coa colaboración das empresas Boeing, Indra e Babcock desenvólvese Voando alto, sumando vocacións, un completo programa de actividades para o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas que ten como obxectivo espertar o interese polas carreiras STEM entre os máis mozos.
O programa de actividades desenvolverase no curso 2019-2020 e está dirixido a estudantes de educación Primaria, Secundaria, Bacharelato, Ciclos Formativos e Educación Especial, así como á comunidade universitaria. Tamén contempla accións abertas a todo tipo de público.
O desenvolvemento do programa Voando alto, sumando vocacións conta coa colaboración da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) e o Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR).
Todas as actividades son gratuítas.
Calendario de actividades
A continuación preséntanse as próximas actividades de Voando alto, sumando vocacións.
CONCURSO REXIONAL “CANSAT”
- Data: 26 de maio de 2021.
- Ubicación: Aeródromo de Rozas (Castro de Rei, Lugo) & Virtual
- Descrición:
- A Axencia Espacial Europea (ESA) organiza o concurso CANSAT dirixido a estudantes de Educación Secundaria. Organizados en equipos e con docentes mentores, os e as estudantes realizan un proxecto CANSAT: unha simulación dun satélite real integrado dentro do volume e a forma dunha lata de refrescos. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade impulsa a fase autonómica deste concurso, coa colaboración da Vicepresidencia segunda e consellería de Economía, Innovación e Empresa, como apoio ao desenvolvemento da cultura científica e STEM como un valor de innovación e futuro en Galicia.
- Un total de 11 equipos de 9 centros educativos de Galicia traballaron no deseño, desenvolvemento e posta a punto dos seus satélites nos últimos meses. O próximo 26 de maio realizarase a xornada de lanzamento destes satélites. Terá lugar no Centro Mixto INTA-Xunta de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR), epicentro do Polo Aeroespacial de Galicia. A empresa Aeromedia será a encargada de realizar os lanzamentos. Organizarase unha xornada virtual na que os equipos participantes exporán os seus proxectos ante un xurado formado por especialistas en diferentes materias como a aeronáutica, as telecomunicacións, etc.
- O xurado procederá posteriormente á elección do equipo que participará na fase nacional do concurso CANSAT.
- Horario: 11:45 – 13:20.
Actividades realizadas
Desde o lanzamento de “Volando alto, sumando vocaciones” organizáronse diversas actividades. A situación provocada pola COVID-19 non permitiu levar a cabo algunhas das accións previstas para o 2020. A continuación achégase un resumo das actividades realizadas ata ese momento:
AULA MÓBIL NEWTON (LUGO)
En colaboración con Boeing, First Scandinavia e o Concello de Lugo.
- Módulo Newton “Voamos cos números” para grupos de escolares.
- Datas: do 21 de outubro ao 10 de novembro de 2019.
- Localización: Praza da Horta do Seminario (avenida Ramón Ferreiro, 27002, Lugo).
- Descrición: Boeing e First Scandinavia estrearon en Lugo a aula móbil Newton, un novo e exclusivo concepto co que apostan polo apoio á ensinanza para os máis novos en materias STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas). Durante 3 semanas (do 21 de outubro ao 10 de novembro), máis de 300 estudantes da ESO tiveron a oportunidade de realizar o módulo Newton. Os alumnos planificaron os seus propios voos, preparáronse para iso realizando cálculos matemáticos con unidades, distancia, velocidade e tempo, e chegaron a dominar a navegación nos simuladores de voo.
- Duración: 3 horas/sesión.
- Horario: 09:00 e 12:30 horas de luns a venres.
- Público: estudantes de 3º e 4º de ESO
- Capacidade: 16 estudantes/sesión.
- Máis información: https://newtonroom.com/es/other-activity/mid1145
- Visitas á Aula Móbil Newton para todos os públicos
- Datas: 26, 27, 31 de outubro, 1, 2, 3, 9 e 10 de novembro de 2019.
- Localización: Praza da Horta do Seminario (avenida Ramón Ferreiro, 27002, Lugo).
- Descrición: a Aula móbil Newton estivo aberta ao público. Os visitantes tiveron a oportunidade de realizar un percorrido por este espazo único de aprendizaxe e probar as súas habilidades cos simuladores de voo.
- Duración sesión: 20 minutos.
- Horario: 11:00 a 14:00 horas e 16:00 a 19:00 horas en sábados, domingos e festivos.
- Público: todos os públicos.
- Capacidade: 9 persoas/sesión.
- Inscricións: non se require inscrición.
- Máis información: https://newtonroom.com/es/other-activity-leisure/mid1149
OBRADOIRO “DRONE DAY”
En colaboración con Boeing.
- Datas: 12, 13, 14, 19, 20, 21, 26, 27, 28 e 29 de novembro de 2019.
- Localización: aeródromo de Rozas.
- Descrición: o obxectivo do obradoiro era introducir aos estudantes no uso e funcionalidades das tecnoloxías que se aplican cos drons como ferramenta de traballo e presentar unha idea global das súas aplicacións e uso seguro.
- Duración: 5 horas.
- Horario: 9:15 a 14:15 horas.
- Público: estudantes de 2º e 3º de ESO.
- Capacidade: 25 estudantes/obradoiro.
- Máis información: DroneDay
OBRADOIRO “ENXEÑANDO FUTURO”
En colaboración con Indra.
- Datas: 13 febreiro
| 12 marzo | 16 abril | 14 maio | 4 xuño 2020. Aprazada polas medidas fronte ao COVID-19.
- Ubicación: aeródromo de Rozas.
- Descrición: o obxectivo desta actividade é amosar como as novas tecnoloxías poden axudar a mellorar o día a día das persoas. Introducirase aos estudantes no mundo da aviación e dos drons e realizaranse demostracións nun simulador de voo. Os alumnos asistentes a este taller tamén participarán nunha visita ás instalacións do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR), referente a nivel europeo para la realización de ensaios con vehículos non tripulados.
- Duración: 4 horas e 30 minutos.
- Horario: 9:30 a 14:00 horas.
- Público: estudantes de 1º a 4º de ESO.
- Capacidade: 30 estudantes/obradoiro.
- Más información: Enxeñando_futuro | 981 337 110.
OBRADOIRO “Fly the future”
En colaboración con Babcock.
- Datas: 14 febreiro | 6 marzo
| 3 abril | 8 maio | 5 xuño 2020. Aprazada polas medidas fronte ao COVID-19.
- Ubicación: aeródromo de Rozas.
- Descrición: neste obradoiro amosarase o lado práctico das carreiras STEM, mediante a explicación, interacción e visión dos desenvolvementos tecnolóxicos abordados pola empresa Babcock na Civil UAVs Initiative. Os estudantes visitarán as instalacións do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR), referente a nivel europeo para a realización de ensaios con vehículos non tripulados. Tamén terán a oportunidade de ver ensaios de voo con UAVs como o LUA, un dos sistemas non tripulados basados en aeronave tipo helicóptero desenvolvido por Babcock, e demostracións con gafas 3D de simulacións dos desenvolvementos para incendios forestais realizados pola compañía.
- Duración: 2 horas.
- Horario: 10:00 – 12:00.
- Público: estudantes de 1º a 4º de ESO.
- Capacidade: 30 estudantes/obradoiro.
- Más información: Fly the Future | 981 337 110.
CONCURSO REXIONAL “CANSAT”
- Data:
21 de marzo de 2020. Aprazada polas medidas fronte ao COVID-19
- Ubicación: aeródromo de Rozas (Castro de Rei, Lugo).
- Descrición: A Axencia Espacial Europea (ESA) organiza o concurso CANSAT dirixido a estudantes de Educación Secundaria. Organizados en equipos e con docentes mentores, os e as estudantes realizan un proxecto CANSAT: unha simulación dun satélite real integrado dentro do volume e a forma dunha lata de refrescos.
- A Consellería de Cultura e Turismo impulsa a fase autonómica deste concurso, coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN), como apoio ao desenvolvemento da cultura científica e STEM como un valor de innovación e futuro en Galicia.
- Un total de 15 equipos de 11 centros educativos de Galicia están traballando no deseño, desenvolvemento e posta a punto dos seus satélites. O próximo 21 de marzo realizarase a fase de lanzamento e procederase á elección do equipo que participará na fase nacional do concurso.
- Durante esta xornada, que se celebrará no Centro Mixto INTA-Xunta de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR), núcleo do Polo Aeroespacial de Galicia, os equipos participantes exporán os seus proxectos, lanzarán desde drons os seus satélites e presentarán os seus resultados ante un xurado formado por especialistas en materias como as ciencias do espazo, a aeronáutica, as telecomunicacións, etc. Ao final da xornada procederase á entrega de premios e diplomas en recoñecemento dos traballos.
- Horario: 10:30 – 18:00.
Sesións divulgativas
No marco do programa de actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas Voando alto, sumando vocacións desenvolveranse unha serie de xornadas divulgativas dirixidas a estudantes da ESO, Bacharelato, FP e comunidade universitaria, sobre temáticas como as necesidades, metodoloxías e prácticas das empresas con actividade no ámbito dos sistemas non tripulados; os vehículos non tripulados ou a propia Civil UAVs Initiative.
Actividades realizadas
- Open Day en Rozas. 9 marzo 2020.
- Ponencia “Necesidades, metodoloxías e prácticas das empresas con actividade no ámbito dos sistemas non tripulados” para os estudantes do CIFP As Mercedes. En colaboración con INDRA. 5 marzo 2020.
Universidade
En colaboración con Boeing, Indra e Babcock.
No marco do programa Voando alto, sumando vocacións, as tres empresas colaboradoras Babcock, Boeing e Indra realizarán diferentes actividades de divulgación e formación orientadas ao público universitario e, en especial, aos alumnos do Grao de Enxeñería Aeroespacial da Escola de Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo e do Máster en Operacións e Enxeñería de Sistemas Aéreos non Tripulados da Universidades de Vigo e Santiago de Compostela.
Algunhas das actividades previstas son as seguintes:
En colaboración con Boeing
- Posta en marcha dun “Laboratorio Boeing” na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.
- Prácticas no Centro Europeo de Investigación e Tecnoloxía de Boeing (previsión contar cos bolseiros ao inicio de 2020).
- “Premio Boeing” para recoñecer logros académicos (Xullo 2020).
En colaboración con Babcock
- Dirección de 2 proxectos fin de carreira.
- Oferta de prácticas en empresa para alumnos da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.
- Xornada divulgativa Civil UAVs Initiative no Campus de Ourense e presentación proxectos fin de Grao.
En colaboración con INDRA
- Relatorio sobre Vehículos Non Tripulados na Universidade de Vigo, dirixido a alumnos e profesores do Grao e Máster en Enxeñaría Aeroespacial.
- Visita a Rozas de alumnos universitarios.
