Desenvolvemento Profesional de Persoal Investigador

Curso online: «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i»

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i». Esta actividade enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, nas actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional dos investigadores e investigadoras dos centros de coñecemento do Sistema Galego de i+D+i en aspectos relacionados coa comercialización de resultados da i+D.

Este curso, de carácter gratuíto, está dirixido a persoal investigador posdoutoral, a investigadores/as contratados/as con cargo a proxectos de Universidades e Organismos Públicos de Investigación, así como a investigadores/as e tecnólogos/as dos Centros Tecnolóxicos. O seu obxectivo é introducir ao persoal investigador nas bases da transferencia de coñecemento e a comercialización de resultados da I+D, ademais de contribuír ao desenvolvemento das seguintes capacidades: comprensión do valor da innovación e da investigación traslacional académica, as habilidades para presentar a investigación e conectar coa industria, e as estratexias para mellorar a produtividade da innovación nun entorno académico.

Cunha duración total de 40 horas, distribuídas en 10 sesións semanais de 4 horas cada unha, o curso desenvolverase entre o 5 de marzo e o 14 de maio de 2021 en horario de 10:00 h a 14:00 h. O programa de contidos estrutúrase en 3 módulos que serán impartidos integramente en inglés: «Fundamentos sobre transferencia de coñecemento» (16 horas), «Comunicación e presentación da investigación» (8 horas) e «Ecosistema de innovación, impacto e colaboración» (16 horas).

Datas de celebración: do 5 de marzo ao 14 de maio de 2021, en sesión semanais.
Lugar de celebración: curso on line.
Inscricións: formulario de inscrición dispoñible nesta ligazón.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 26 de febreiro ás 20:00 horas.

Documentación e ligazóns:

Máis información:

  • No enderezo electrónico: programacion.centros.gain@xunta.gal
  • No teléfono: 981 957 012