Mapa de provedores de deseño

O mapa de provedores é un catálogo online de profesionais galegos do sector deseño (axencias, estudos de deseño e profesionais autónomos) para difundir a súa oferta de servizos, a súa traxectoria profesional e os seus proxectos de referencia.

Esta plataforma constitúe o primeiro directorio de provedores de servizos de deseño en Galicia. Aglutina todas as especialidades do sector: deseño gráfico e comunicación visual, deseño audiovisual e multimedia, consultoría estratéxica de deseño, deseño industrial e de produto e deseño de moda.

O obxectivo desta plataforma é dar os deseñadores e deseñadoras a coñecer entre os seus homólogos para favorecer as colaboracións profesionais, difundir as súas capacidades entre as empresas e mellorar a visibilidade do seu traballo a nivel social.

A plataforma permite o rexistro de calquera profesional do deseño galego e o acceso a calquera empresa na busca de servizos.

Premendo na imaxe seguinte podes acceder ao Mapa do deseño galego:

Accede ao Mapa do deseño galego